A Federación Nacional de Transportes, Comunicacións e Mar de UGT-Galicia celebrou hoxe que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulara as modificacións realizadas no organigrama do ente público Portos de Galicia imposto polo seu anterior presidente e actual alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri.
Segundo o sindicato, o organigrama empresarial modificaba a estrutura xerárquica da empresa e as condicións de traballo dos seus traballadores, un total de 117. Así, afectaba "de xeito importante" ás funcións e responsabilidades que correspondían a cada empregado en función da súa categoría, polo que contradicir o sistema de clasificación profesional pactado no convenio colectivo.
Por iso, a UGT decidiu presentar unha demanda de conflito colectivo contra o ente público Portos de Galicia, na que se pide que se declare a nulidade da decisión adoptada pola empresa de implantar un novo organigrama, xa que este modifica as condicións de traballo dos empregados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario